Summer Camp

Desde 1987, e nun entorno natural de máis de 21.000 metros cadrados, levamos realizando Campamentos e Escolas de verán. Na actualidade, o International Summer Camp é un campamento con actividades dirixidas e realizadas en inglés por monitores nativos.

Ten un carácter lúdico con actividades de deporte e aventura para nenos e nenas desde os 3 ata os 16 anos e está aberto a todo o público ofrecendo varios descontos aos alumnos/as do colexio, aos alumnos/as matriculados máis dunha semana e aos irmáns.

Inscrición

A inscrición poderá organizarse por semanas (incluídos festivos) de 1 a 5 semanas.

Horario

De 9:30 ás 17:30h. de luns a venres, con servizo de garda matinal dende as 8:00h e club de espera ata as 18:15h.

Transporte

Servizo de transporte opcional dende Ourense.

Bono Concilia

Compatible co Bono Concilia da Xunta de Galicia.

Máis información ou aclaracións

• Na secretaría do Colexio, no teléfono: 988 259 589.
• No correo electrónico: colegiogb@gmail.com.

Matrícula no Summer Camp

Poderedes formalizar a matrícula na secretaría do centro ou dende esta páxina.

Características do programa

Servizo de comedor para as comidas incluído no prezo

Durante o Sumer Camp, o colexio ofrece un servizo de comedor completo, con menús equilibrados e adaptados ás necesidades nutricionais dos nenos e nenas.

Piscina ao aire libre

Diversión, refresco e seguridade! No noso campamento, os nenos e nenas gozan da piscina a diario, con actividades adaptadas á súa idade e sempre baixo a supervisión de profesionais.

guillelme-brown-summer-camp-02
guillelme-brown-summer-camp-20

Actividades multiaventura

Paintball, tirolina, rocódromo exterior, karts, tiro con arco, ponte tibetana…

As actividades multiaventura fan que cada día sexa unha nova experiencia chea de emoción, sempre con seguridade e acompañados por monitores especializados.

Contacto coa naturaleza

Saídas en bicicleta e sendeirismo para gozar da natureza que rodea as nosas instalacións.

No campamento vivimos a natureza de preto e como unha forma divertida de descubrir e respectar o entorno natural.

guillelme-brown-summer-camp-06
guillelme-brown-summer-camp-08

Semanas temáticas para aprender xogando

As nosas semanas temáticas enchen o campamento de creatividade, ilusión e aprendizaxes diferentes en cada quenda.

Parque acuático de Monterrei

Todos os venres saída ao Parque Acuático de Monterrei.

guillelme-brown-summer-camp-11

Máis imaxes do Summer Camp