Servizos

Comedor

O colexio dispón dun comedor con cociña propia con menús elaborados por un médico dietista e nutricionisa garantido desta maneira un adecuado equilibrio dietético.

Traballamos con alimentos frescos e proveedores locais para asegurar a frescura e calidade dos nosos menús.

Garda Temperá

Este servizo está pensado para facilitar a conciliación laboral e familiar, abrindo o colexio as súas portas a partir das 7:30 da mañá e ofertando a posibilidade de ter a opción dun almorzo.

Transporte

O colexio contra cun servizo de transporte escolar pola cidade e arredores de Ourense. Os alumnos/as van acompañados dun monitor/a en todo momento.

Clube de espera, lecer e sesta ou relaxación

Na etapa de Infantil ofrécese a opción de que os alumnos/as despois de comer acudan a aula de sesta ou relaxación. 

Na etapa de Primaria os alumnos/as poderán estar de maneira gratuíta no centro de 16:50 a 17:50 para axudar ás familias na súa conciliación familiar.

Escola de Música

A Escola de Música Guillelme Brown complementa a formación do alumnado no ámbito musical dentro da xornada escolar.

A práctica instrumental favorece a coordinación, atención, memoria, achegando seguridade e autoestima. 

A metodoloxía empregada está baseada en compositores e pedagogos musicais como Orff, Kódaly, Dalcroze, Wuytack… que estableceron métodos e sistemas que se foron desenvolvendo durante anos e ofrecen grandes resultados na aprendizaxe musical en idade temperá.

Plataforma educativa

A plataforma SM Educamos é unha ferramenta de comunicación e control coas familias e o alumnado, onde poderán ver as tarefas, ausencias, avisos, boletíns de notas, horario…

Ademáis, na etapa de infantil, as familias terán información detallada do día a día dos seus fillos/as (sesta, relaxación e comedor).

Actividades deportivas e extraescolares

O Colexio incorpora ao seu Proxecto Educativo as actividades extraescolares, para contribuír á enriquecer as capacidades creativas, artísticas, físicas e de relación interpersoal.

Pintura

Mellora a comunicación, a habilidade ao expresarse a motricidade e incentiva a curiosidade e creatividade.

Playtime/Baby Sport

Actividade impartida por profesorado nativo que reforza a aprendizaxe do idioma a través de xogos, música e contos.

Minichef

O obxectivo desta actividade é preparalos para unha vida máis sá, mellorar a motricidade fina e traballar os cinco sentidos.

Lego Discovery

Os alumnos e alumnas de infantil introdúcense de maneira lúdica e divertida na ciencia, enxeñaría e matemáticas mellorando a competencia lingüística xa que é unha actividade impartida en inglés.

Lego Explore and Challengue

A partir de Educación Primaria inícianse no mundo da robótica, construíndo e programando diferentes robots. Os equipos participan na competición Junior First Lego League.

Preparación exames Trinity/Cambridge

O centro, na súa aposta pola ensinanza das linguas estranxeiras oferta a posibilidade de, como centro examinador oficial que somos,  prepararse para adquisición dun título oficial que certifique o seu nivel.

EOP (Estratexias de Organización Persoal)

Momento no que un grupo reducido de alumnos/as de Educación Primaria realizan as súas tarefas acompañados e axudados por un profesor o cal organiza e aclara as dúbidas que teñan.

Danza
Creativa

Promove a disciplina, desenvolve a expresión corporal, a memoria e a concentración. Ademais fortalece a coordinación, o equilibrio e a personalidade.

Ximnasia Rítmica

Favorece a flexibilidade, a resistencia, aumenta a forza muscular e mellora o sentido musical.

Xadrez

Incrementa a capacidade de cálculo, a concentración, favorece a organización e planificación potenciando a lóxica.

Patinaxe e Skate

Esta fonte de diversión aumenta a resistencia aeróbica, fortalece os músculos e mellora o equilibrio e a coordinación.

Minifútbol

O fútbol favorece a disciplina, a organización, a concentración e aporta a capacidade de traballar en grupo.

Wushu

Arte marcial que aporta axilidade e disciplina mellorando a coordinación e a respiración.

Voleibol

Ao longo do curso aprenderán as regras, a técnica e a táctica deste deporte mellorando a capacidade de reacción.

Baloncesto

O obxectivo principal é buscar a participación e fomento deste deporte respectando os valores de compañeirismo, cooperación, xogo en equipo…