Secundaria

 

Nesta etapa promovemos a formación integral dos estudantes baseando a nosa metodoloxía educativa na excelencia académica e nos valores propios do colexio.

Continuamos fomentando a investigación e a integración das TIC na aprendizaxe, así como a continuidade na ensinanza de linguas estranxeiras no centro escolar e fóra del cos programas de intercambios internacionais.

O equipo de titores/as xunto co departamento de orientación aseguran a adaptación dos alumnos e alumnas nun entorno controlado e de convivencia saudable.

Programas

Ensinanza dos idiomas

En Secundaria continuamos afianzando a ensinanza das linguas estranxeiras (inglés e francés) ampliando o horario curricular en dúas horas co obxectivo de aumentar e enriquecer a competencia lingüística.

Somos centro examinador de: Trinity College of London e Centro preparador oficial de Cambridge.

ERASMUS+

O Colexio Plurilingüe Guillelme Brown é una institución acreditada como beneficiaria de proxectos europeos Erasmus+ KA121.  Son un tipo específico de programas internacionais, subvencionados pola U.E., nos que se promove a cooperación e o traballo en equipo entre grupos de alumnos e profesores de diferentes países da Unión Europea. Ofrece aos participantes a oportunidade de explorar unha diversidade de culturas e de traballar  nun proxecto común durante o curso escolar. 

No seu desenvolvemento deséñanse diferentes actividades que abordan varias disciplinas integradas no currículo regular do colexio e que forman parte dun proxecto interdisciplinar común. 

Os traballos coordínanse a través de encontros online e teñen unha posta en común nas movilidades ou encontros internacionais de alumnos e profesores dos colexios participantes.

O colexio realizou numerosos proxectos dende 2013 xunto con colexios europeos de moi variados paises como Alemania, Polonia, Lituania, Paises Baixos, Croacia, Francia, Italia, República Checa, Eslovaquia, Hungría, etc

Bacharelato Dual

O Diploma Dual® é o programa oficial de validación internacional de títulos de bacharelato que permite aos alumnos obter dúas titulacións simultáneas: a propia do seu país e o American High School Diploma ( Bacharelato Americano).

Grazas a este programa os alumnos desde 2º ESO poderán estar matriculados simultaneamente nun High School nos EEUU, cursando ambos estudos ao mesmo tempo.

Cando finalizan os seus estudos, os alumnos do Diploma Dual® logran exactamente a mesma titulación de bacharelato que os estudantes estadounidenses que está recoñecida en todos os estados e en todas as universidades do mundo.

O Bacharelato Dual America realízase ao 100% online. Xunto á notable mellora do nivel de inglés, o Diploma Dual® proporciona aos alumnos un alto grao de autonomía persoal e unha gran facilidade no manexo das novas tecnoloxías.

Investigación

Na etapta de Secundaria continuamos fomentando a aprendizaxe por descubrimento aplicando o método científico.

Semanas Culturais

En cada trimestre realízase no centro unha semana cultural, científica e deportiva co fin de fomentar o entendemento e aprecio polas distintas culturas.

Proxecto KIVA

KiVa é un proxecto de prevención de acoso escolar creado pola Universidade de Turku (Finlandia). Trátase dun programa que pretende mellorar a convivencia e o respecto entre os alumnos e alumnas e frear posibles casos de acoso escolar.

Aprendizaxe Cooperativa

Esta metodoloxía baseada no traballo en grupo, fomenta a participación, a axuda mutua, a empatía e a autorregulación da aprendizaxe.

Aula Dixital

No colexio contamos cunha aula de informática Mac (Apple) de acceso para todo o alumnado. A partir de 6º de Educación Primaria implementamos a Aula Dixital co obxectivo de que os alumnos/as adquiran a Competencia Dixital dando resposta as necesidades actuais.

Apoios e Reforzos

No centro, e fóra do horario curricular, impártense por parte do profesorado do centro, reforzos nas materias de ciencias e linguas co obxectivo de apoiar e axudar ao noso alumnado nas dificultades que presenten nas diferentes materias.

Orientación Persoal Educativa e Profesional

Desde o departamento de orientación e tal e como está recollido no POAP ofrécense diferentes charlas ao alumnado para orientalos no seu futuro académico e profesional.