A nosa historia

 

O Colexio Guillelme Brown naceu no ano 1987 e fundouse como Sociedade Cooperativa formada inicialmente por oito profesores e profesoras e colleu no seu nome da personaxe rebelde e incorformista William Brown protagonista da saga de libros Just William “Guillermo el travieso”.

As aventuras de Guillermo contaban a vida dun pequeno que se metía en líos debido á sua personalidade rebelde e inconformisa. Por iso, serviulles de inspiración aos fundadores do colexio para renderlle homenaxe chamándolle ao centro Guillelme Brown.

O logo do colexio ten un significado acorde ao entorno no que está situado o centro: “A educación integrada na natureza”.

O colexio está situado nun entorno natural a catro quilómetros de Ourense. Ocupa unha extensión de máis de 21.000 metros cadrados con zonas de bosque, espazos axardinados, charcas, piscinas, parque infantil, polideportivo, pista exterior, biblioteca, laboratorio de ciencias, aula de tecnoloxía, aula de informática, invernadoiro, etc.

Na actualidade somos un centro concertado, laico e plurilingüe.

Equipo directivo

DIRECTORA

Yolanda Valeiras Vázquez

SECRETARIO

Jose A. Pardo Rodríguez

XEFA DE ESTUDOS

Fátima Sánchez Aller

Instalacións