Infantil

O segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos) constitúe unha etapa educativa de suma importancia para o desenvolvemento físico, emocional, afectivo, social…

A metodoloxía empregada está baseada no método Montessori, Reggio Emilia e ABP estando as nosas educadoras en continua formación para poder levalos a cabo.

Programas

Método Letterland

 

Letterland é un programa de lectoescritura en inglés que se enfoca no uso de instrucións multisensorial, aprendizaxe baseada en historias, xogos, pictografías…

Ademais de ser un programa de fonética, tamén inclúe instrucións sobre ortografía, vocabulario, fluidez…

Aula Snoezelem e multisensorial

 

Os nenos e nenas comprenden e lembran moito mellor se ven, tocan, cheiran, saborean e escoitan todo o que se lles ensina.

Esta aula favorece o desenvolvemento dos sentidos, a interacción e a  desenvolvendo tamén a psicomotricidade, a intelixencia e fomentando a creatividade.

Proxecto Amadeus

 

Ao longo da semana os alumnos/as dispoñen dunha profesora/a de música que lles impartirá clases individualmente de piano.

A ensinanza deste instrumento axuda ao desenvolvemento de facultades intelectuais, cognitivas, auditivas, emocionais… así como fomenta a disciplina e a constancia.

Ademais, estimula a coordinación e as capacidades visuais e motoras.

Aprendizaxe Cooperativa

Esta metodoloxía baseada no traballo en grupo, fomenta a participación, a axuda mutua, a empatía e a autorregulación da aprendizaxe.

Matemáticas ABN

 

Metodoloxía baseada na descomposición dos números e na manipulación.

Os nenos e nenas aprenden xogando e manipulando, o que aumenta a súa motivación mantendo unha actitude positiva fronte á ensinanza das matemáticas.

Este método permite adaptarse ao proceso de ensinanza de cada alumno e alumna.