Programas

Erasmus+

O Colexio Plurilingüe Guillelme Brown é una institución acreditada como beneficiaria de proxectos europeos Erasmus+ KA121.  Son un tipo específico de programas internacionales, subvencionados pola U.E., nos que se promove a cooperación e o traballo en equipo entre grupos de alumnos e profesores de diferentes países da Unión Europea.

Ofrece aos participantes a oportunidade de explorar unha diversidade de culturas e de traballar nun proxecto común durante o curso escolar.

No seu desenvolvemento deséñanse diferentes actividades que abordan varias disciplinas integradas no currículo regular do colexio e que forman parte dun proxecto interdisciplinar común. 

Os traballos coordínanse a través de encontros online e teñen unha posta en común nas movilidades ou encontros internacionais de alumnos e profesores dos colexios participantes.
 
O colexio realizou numerosos proxectos dende 2013 xunto con colexios europeos de moi variados paises como Alemania, Polonia, Lituania, Paises Baixos, Croacia, Francia, Italia, República Checa, Eslovaquia, Hungría, etc

Comunicación e convivencia

 

A lingua de comunicación é o Inglés, o que aos alumnos a oportunidade de utilizala en contextos reais mellorando as súas capacidades lingüísticas. 


A estancia supón a convivencia coas familias dos estudantes, na que os nenos pasan a ser parte dunha familia nativa doutro país e participar na vida diaria, nos seus costumes e rutinas, converténdose nun membro máis.

Esta convivencia próxima potencia as capacidades sociais e motiva aos alumnos para interactuar entre si, a intercambiar ideas, compartir vivencias e coñecementos, a ser máis tolerantes, expóndose novos enfoques,  crea entusiasmo e motivación de aprender e axúdalles a estar abertos a novas experiencias.

Proxectos Erasmus+

KA229 (2019-2022). ON THE ROAD WITH THE NORMANS
KA229 (2020-2023). EUROPEAN YOUTH, YOUR VOICE WILL BE HEAR
KA122 (2021-2023). TOGETHER FOR A SUSTAINABLE EUROPE
KA121 (2022-2027) ACREDITACIÓN ERASMUS+

Blogs

PROXECTO

TOGETHER FOR A SUSTAINABLE EUROPE

PROXECTO

ON THE ROAD WITH THE NORMANS

PROXECTO

ACCREDITATION ALL FOR EU 22-23

PROXECTO

EUROPEAN YOUTH YOUR VOICE WILL BE HEARD