Prazo para solicitude de praza para o curso 2025-2026

En marzo renovarase o prazo de admisións para curso 2025-2026 (2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria).

DATOS DE CONTACTO

+34 988 259 589 / administracion@guillelmebrown.es

  • Cómo presentar o anexo de solicitude

    O anexo de solicitude de praza poderá solicitarse no centro escolar ou descargarse na web da Xunta de Galicia (www.edu.xunta.es) e entregarse no colexio escollido como 1ª opción. Tamén poderá solicitarse de forma online na aplicación admisionalumnado.

    O prazo establecido é do 1 ao 20 de marzo.

    Xunto coa solicitude é necesario presentar:
    - Copia do DNI da persoa solicitante.
    - Copia do DNI ou libro de familia do alumno/a.
    - Certificado de escolaridade emitido no centro de procedencia.

    No caso de que os centros teñan máis solicitudes que prazas dispoñibles deberá entregarse a documentación acreditativa do cumprimento dos criterios prioritarios, establecendo un prazo de 10 días unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes.

  • Criterios de puntuación

    Existencia de irmáns no centro.
    Ser traballador do propio centro.
    Proximidade do domicilio familia ao centro.
    Proximidade do lugar de traballo ao centro.
    Por condición de familia numerosa.
    Por condición de familia monoparental.
    Por renta per cápita da unidade familiar.
    Por discapacidade.

  • Trámites a realizar para o proceso de admisión

    A finais do mes de abril faranse públicas as listas provisionais e a mediados de maio as definitivas.

    Do 22 ao 30 de xuño deberá formalizarse a matrícula para infantil e primaria, e do 25 de xuño ao 12 de xullo para Educación Secundaria Obrigatoria no centro escolar no que o alumno/a fose admitido.

  • Número de prazas vacantes para o curso 2025/2026

    4º de Educación Infantil: 20
    5º de Educación Infantil: 0
    6º de Educación Infantil: 1

    1º de Educación Primaria: 5
    2º de Educación Primaria: 6
    3º de Educación Primaria: 0
    4º de Educación Primaria: 4
    5º de Educación Primaria: 0
    6º de Educación Primaria: 0

    1º de Educación Secundaria: 6
    2º de Educación Secundaria: 2
    3º de Educación Secundaria: 5
    4º de Educación Secundaria: 12